Podes cantar no idioma que queiras, ou podes facer música instrumental. Toda a música é benvida!
Significa, que como en todas as profesións, cobras por facelo.
Significa que este tipo de iniciativas son máis necesarias que nunca. Un consello: que tal asociarse co resto de músicos que loitan por revertir esta situación? Que tal facerse socix de MÚSICOS AO VIVO? ;-)
Non, a música non entende de idade!!!
Non entendemos de límites. Nun proxecto musical pode haber 100 persoas, ou 1 soa.
NON!! O teu proxecto actívase unha vez cumprimentados todos os campos obrigatorios do proxecto (bio, foto, contacto, mail, etc) e será visible para todo o mundo online. Todos tivemos nalgún momento que inscribirnos en redes profesionias con interminables formularios e nós queremos simplificar este proceso ao máximo no CÉM. Evidentemente, apelamos ás boas prácticas de todos polo que poñerémonos en contacto cos proxectos que consideremos oportuno para solicitarlle a información no caso de ser precisa.
Cero. A inscripción é gratuita!!
Porque Santiago de Compostela sempre foi territorio musical, e non só para os que vivimos en Compostela ou Comarca. Hai multitude de artistas que se relacionan profesionalmente con Compostela, e queremos que sintan que COMPOSTELA tamén os quere.
Estaría xenial, pero non necesariamente. Queremos crear unha ponte entre os Proxectos Musicais que habitan Compostela, e as canles públicas e privadas de programación. O que sí garantimos é que será o escaparate máis completo, accesible, e transparente no que amosar o que fas.
Tes que facerte socia/o de Músicas ao Vivo. Máis información en: musicasaovivo.gal/faqs
Non é necesario.
Toda a música é benvida, sen excepción. Nós non poñemos límites á música, non llos poñas ti!!