Proxectos musicais profesionais e en activo na área de Santiago de Compostela. Aberto a tódolos xéneros musicais, a todo tipo de formacións así como a tódalas idades.

Para formar parte deste censo, é indispensable cumprir ao menos unha das seguintes condicións:

  • Que polo menos o 50% dos membros do proxecto musical desenvolva con regularidade a súa base de acción profesional musical en Santiago de Compostela e/ou comarca (* comarca: Ames, Boqueixón, Brión, Teo, Val do Dubra e Vedra)

  • Que polo menos o 50% dos membros do grupo sexa residente en Santiago de Compostela e/ou comarca.

  • Que cando menos un dos compoñentes do proxecto sexa membro de Músicos ao Vivo Sección Compostela.

Do 1 ó 17 de Marzo. Prazo de Inscripción.

Do 18 ó 24 de Marzo. Revisión dos proxectos inscritos.

25 de Marzo. Publicación da nova Compostela é Música.

Estas bases son de obrigado cumprimento para todos os proxectos, reservándose o dereito a Sección Compostela de requirir polo menos unha das seguintes provas documentais por vía telemática:

  • ACTIVIDADE PROFESIONAL: Xustificante, contrato, etc., do desenvolvemento da actividade profesional en Compostela e/ou comarca; Biografía e memoria de actividades do grupo (cartaces, prensa, textos promocionais, enlaces web, etc.)

  • RESIDENCIA EN COMPOSTELA ou COMARCA: Certificado de empadroamento, contrato de alugueiro, residencia fiscal, etc.

  • MEMBRO DE M.A.V. SECCIÓN COMPOSTELA: Xustificante expedido pola propia Asociación (Para ser membro de M.A.V. Sección Compostela tes que ser socio de Músicos Ao Vivo www.musicosaovivo.com e posteriormente enviar a túa solicitude de inclusión a esta sección ao correo compostela@musicosaovivo.com)

Os participantes autorizan a Músicos ao Vivo a publicar nas webs www.compostelaemusica.gal e www.seccioncompostela.gal ou nas dos seus colaboradores, os arquivos de audio, vídeo e imaxes da súa propiedade que sexan necesarios para levar a cabo o obxecto destas bases e toda a promoción relacionada, sen dereito a contraprestación algunha, pero en todo caso conservando os dereitos de propiedade intelectual que tivesen sobre os mesmos. A organización non se fai responsable dos erros ou omisións que puidesen conter os datos publicados na web e facilitados polos participantes. Para corrixir aqueles erros ou omisións que puidesen detectarse na fase de inscrición, a reclamación poderá ser enviada á dirección de correo electrónico compostela@musicosaovivo.com dentro do período de inscricións.